CUARTETO AGÓGICA

Calendario de Conciertos

  • III-07: San Martiño de Mondoñedo
  • IV-07: Cospeito
  • VIII-07: Xardins de Lourizán,Pontevedra
  • 5-I-06: Residencia Xunta,Vigo.
  • 4-V-06: Auditorio David Russell, Vigo.
  • 20-X-06: Sada (A Coruña).
  • 23-X-06: Casa de Galicia, Madrid.
  • 22-XII-06: Foz (Lugo).

O cuarteto Agógica debutou o pasado mes de Xaneiro en Vigo co gallo do 250 aniversario do nacememento de W.A.Mozart e coa intención de dar a coñecer ó público un repertorio,se cadra,menos coñecido.Ten previstos,ó longo do Ano Mozart,varios Concertos na Xeografía Galega , Madrid e máis Comunidade Valenciana.A  formación que o Xenio Austríaco propón nesta Integral identifícase nunha idea básica: a sustitución,no eido do Cuarteto de Cordas tradicional,do Violín Primeiro pola Frauta,nembargantes coa mesma estructura compositiva na que impera o carácter camerístico sen renunciar o espírito virtuoso da frauta.

PROGRAMA

1ª PARTE

CUARTETO en DO Maior(kv285b)
-Allegro.
-Tema con variacións.

 

CUARTETO en LA Maior(kv 298)
-Tema con variacións.
-Menuetto.
-Rondeau(allegretto grazioso,ma non troppo presto,
però non troppo adagio.Così-così-con
molto garbo ed espressione)

 

2ª PARTE

CUARTETO en SOL Maior(kv 285ª)
-Andante.
-Tempo di  Menuetto.

 

CUARTETO en RE Maior(kv 285)
-Allegro.
-Adagio.
-Rondeau.

 

ALEJANDRO ALONSO, FRAUTA.
Nado en Valencia en 1972.Debuta como solista ós 15 anos coa Orq. de Cámara de Valencia e máis a Orq. de Cámara de Sagunto,interpreta “Pièce” para frauta de Ibert na T.V.E.1 , a”Danza” de Gluck na Radio Clásica e,ata 1990,intégrase na  Orq. de Cámara H. Purcell.Asiste a clases con Peter Lloyd,(na J.O.N.D.E. e máis na Xove Orq. de Valencia,da que é solista fundador),con Jaime Martín(Londres 1992-94) e máis con Julius Baker(Nova York 1993,1997).Destacan as  clases maxistrais con Andrés Carreres,James Galway,Ida Ribera e máis R.Guiot, o posto de Reserva de Solista da E.U.Y.O. e máis  invitado nas probas da Karajan Academie(Sá Philarmonie,Berlín).No eido profesional,debuta coa Orquestra Cidade de Granada ( colabora  nos anos 1993,1994 e máis 1997),é co-principal da Orquestra Sinfónica de Galicia(temp.1993 ata 1996): frauta do Quinteto de Vento,actúa como solista,interpreta a Integral de Mozart co Cuarteto de Cordas , realiza Xiras coa devandita formación en Alemania,Austria(Sá de Concertos de Viena),España(principais escenarios) e máis Portugal.Ten a fortuna de actuar  cos principais Solistas: K.Zimermann,Alfredo Kraus,Mirella Freni,Manuel Barrueco,Dmitri Sitkovetsky,Antonio Meneses e máis colabora coa Real Filarmonía de Galicia ata a dedicación preferente no eido da docencia,na E.P.M. de Viana do Castelo e dende o ano 1998 en diferentes Conservatorios de Galicia..Imparte clase no 1º Curso de Verán de Salceda de Caselas 2005,ten próxima a publicación dun libro de Técnica da Frauta e na actualidade exerce no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

LEONARDO BLANCO,VIOLÍN.
Naceu en Ourense no ano 1975 e realizou os estudios musicais nos conservatorios de Ourense,Vigo e Oviedo,onde finalizou os estudios superiores de Violín e Música de Cámara con Gaiané Pogossova e Tsiala Kvernadze.Ademáis ten asistido a numerosos cursos internacionais de Violín.
Como intérprete participou en diferentes ciclos e festivais,entre eles dúas edicións da Xeración 2000 en Vigo.
Dende o ano 1998 exerce o seu labor docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo,e colabora con diferentes agrupacións instrumentais como a Orquestra Sinfonieta de Vigo ou Ensemble Logos.

SERGHEI MAXIMOV,VIOLA.
Naceu en Moscú no ano 1962 e iniciou os estudios musicais á idade de seis anos na Escola de Violín e Colexio de música de Krivoy Rog(Ucrania) co profesor Y.Shilman.Logo graduouse no Conservatorio Superior de Música de Moldavia estudiando con M.Muler e Y.Nasushkin.Ademais estudiou dirección de orquestra co profesor Alexandru Samoile(director da Ópera Nacional de Moldavia).
Dende 1998 é concertino-solista de Viola na Orquestra Nacional de Cámara de Moldavia, e da Orquestra Sinfónica Europea baixo a dirección de Cristian Florea,coas que ten realizado diversas xiras por Italia,Francia,Alemania,Suiza,Romenia,Norteamérica,Bélxica e Israel.
Na temporada 2001-2002 traballou na Orquestra Sinfónica de Galicia e arestora é profesor de Violín,Viola,Música de Cámara e Orquestra no Conservatorio de Música Coppelia de Vigo e nos Conservatorios Profesionais de Ponteareas e Melide.

FERNANDO ARENAS,VIOLONCELLO.
Iniciou os estudios co mestre Diego Sendra.Máis tarde pasou a estudiar no Conservatorio Superior de Música de Madrid baixo a dirección de Pedro Corostola,realizando os estudios superiores de Violoncello e Música de Cámara.
Foi bolseiro en diversas ocasións do Concello de Vigo,Deputación Provincial de Pontevedra,Xunta de Galicia e Fundación Banco Exterior de España.Nos anos 1984 e 1985 participou,como alumno bolseiro,nos cursos internacionais Manuel de Falla de Granada.Foi primeiro violoncello da Orquestra de Cámara de Vigo,nos seus derradeiros anos, e ten colaborado tamén en diversos grupos de cámara así como en festivais de ópera e zarzuela.Na primavera e verán de 1989 traballou coa Orquestra Sinfónica de Asturias.Dende 1986 ata 1989 foi Profesor no Conservatorio de Santiago de Compostela,e de 1990 ata 2003, exerceu como Profesor Titular de Violoncello no Conservatorio Superior de Música de Vigo.Actualmente é profesor de Violoncello e Xefe do Departamento de Corda no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.